11 abril 2006

Enblogs'06

O CONSELLO DA CULTURA REUNIRÁ Á COMUNIDADE BLOGUEIRA GALEGA E LUSA NO ENCONTRO ENBLOGS´06

A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará o 19 de abril "EnBlogs'06: Encontro de blogs de Galicia e Portugal". Con esta convocatoria, o CCG quere abrir as súas portas ao debate, a reflexión e o intercambio entre os membros da comunidade blogueira galega e portuguesa e a todos os interesados nos novos fenómenos de comunicación en Internet . O encontro quere reflexionar sobre os grandes e pequenos temas que rodean a creación de bitácoras: a tecnoloxía, o marco legal, os cambios sociais, as experiencias persoais e colectivas de creación, difusión e distribución de información e ideas a través deste formato.



No hay comentarios: